Convocada unha folga en Renfe para este venres, 4 de setembro

TrenA Confederación Xeral do Traballo (CGT nas súas siglas en castelán), ven de convocar unha folga en Renfe o víndeira venres, día 4 de setembro, coa que esixen máis traballo, a integración do persoal de FEVE- ferrocarrís de vía estreita-, xa desaparecida, na plantilla de Renfe, e o inmediato concurso de mobilidade do persoal.

A estas circunstancias, segundo explica o sindicato nunha nota, súmanse a paralización na negociación do convenio, feito do que culpan á empresa que, subliñan, non quere falar de temas económicos nin de dereitos sociais dos traballadores, o que impide pechar un acordo.

También te puede interesar