O alcalde de As Neves expón ao Goberno de Galicia melloras urxentes en centros educativos do Concello | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O alcalde de As Neves expón ao Goberno de Galicia melloras urxentes en centros educativos do Concello

Posted by on Ago 30th, 2015 y archivado abajo Comarcas. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O xefe territorial de Cultura e Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, e o alcalde de As Neves, Xosé Rodríguez Méndez

O xefe territorial de Cultura e Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, e o alcalde de As Neves, Xosé Rodríguez Méndez

O xefe territorial de Cultura e Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, mantivo unha reunión co alcalde de As Neves, Xosé Rodríguez Méndez, para analizar unha serie de necesidades dos centros educativos do concello.

O alcalde solicitou ao xefe territorial o uso das vivendas situadas na Escola Unitaria de Rubiós como Escola de Música da Banda, “estamos dispostos a levar a cabo a súa desafectación unha vez que o concello o solicite e a inspección elabore un informe favorable” afirmou Pérez Ares.

Entre outras demandas Xosé Rodríguez Méndez informou da necesidade dunha revisión completa da instalación eléctrica, así como da substitución da caldeira para a calefacción ou da colocación de persianas na Escola de Educación Infantil de Taboexa.

Pola súa banda o xefe territorial comprometeuse a elaborar un informe ao respecto e confirmou que se vai estudar as posibilidades orzamentarias para levar a cabo as reformas solicitadas polo concello, tendo en conta que “se dará prioridade a aquelas máis urxentes e necesarias” declarou o xefe territorial.

Ao termo da reunión o alcalde e o xefe territorial amosaron  o seu interese en colaborar conxuntamente coa Deputación de Pontevedra para mellorar os centros educativos da localidade. “Desexamos que a nova presidenta, Carmela Silva, siga a colaborar co Goberno de Galicia e cos concellos na mellora dos centros educativos” declarou Pérez Ares.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM