Galicia

Persoal das residencias de maiores da Xunta denuncia condicións laboais “de escravitude”

Persoa maiorContratos laboráis en precario a media xornada, por horas ou por fins de semana, denegacións de vacacións,  quendas de sete días, con tres noites seguidas e librando un de cada tres domingos. Estas son algunhas das condicións de traballo que ven de denunciar a plantila das residencias de maiores da Xunta– por certo, dependentes da Consellería de Traballo, dirixida por Beatriz Mato.

Segundo os traballadores, “a Consellería impón unhas condicións laboráis de escravitude e crueldade psicolóxica e física, desprezando aos empregados e aos usuarios dos centros”.

Nun comunicado, os representantes dos traballadores subliñan que son os máis castigados polo recorte de dereitos dentro do persoal laboral da administración galega, “victimas de quendas estresantes e escravistas”,sen unha normativa que regulamente os festivos, o cal obriga a traballar a maioría deles sen compensación algunha.

Por todos estos motivos, o persoal adianta que convocará mobilizacións durante o mes que ven para esixir que remate a precariedade laboral e recuperar os seus dereitos.

También te puede interesar