Besteiro entrega á prensa todos os documentos que acreditan o seu patrimonio e desmonta a acusación da xuiza De Lara | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Besteiro entrega á prensa todos os documentos que acreditan o seu patrimonio e desmonta a acusación da xuiza De Lara

Posted by on Ago 6th, 2015 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

BesteiroO líder dos socialistas de Galicia fixo este xoves o que él mesmo calificou como un “striprise económico e patrimonial”, co que desmontou publicamente punto por punto as “falsidades” que se lle imputan no escrito do xuiza Pilar de Lara, do pasado 3 de xullo, e acreditou documentalmente o pago do seu único piso, que posúe a medias coa súa muller, a través de “algo tan normal” como unha conta vivenda, aforros sacados dunha conta corrente e a constitución dunha hipoteca.

José Ramón Gómez Besteiro entregou aos xornalistas, un por un, todos os documentos que desminten o suposto regalo da súa vivenda e a posterior reforma, que a súa defensa entregou hoxe no xulgado.

A defensa de Gómez Besteiro rexistrou hoxe en sede xudicial todas estas probas documentais, solicitando ademais o sobresemento da causa na que se investiga o seu piso, por non ser os feitos constitutivos de delito “e non terse acreditado feito algún, nin sequera sospeitoso”. Asimesmo, os seus avogados presentaron tamén un recurso contra a providencia da xuíza do pasado 31 de xullo.

Besteiro comezou aclarando que non fixo públicos estes documentos con anterioridade para respectar o proceso e entregalos antes en sede xudicial, algo que non puido facer o pasado 31 de xullo por “causas alleas” á súa vontade, polo aprazamento da súa declaración.

En primeiro lugar, desmontou a sospeita do escrito xudicial que pon en dúbida que “non se coñece a procedencia” dos cartos cos que pagou o seu piso, cun prezo de 138.232,78 € máis taxas. Entregou os documentos da escritura de compravenda da vivenda, a escritura completa da hipoteca, a liquidación da conta vivenda e os certificados detallados das operacións bancarias que acreditan todos os pagos. “En definitiva, a nós non nos regalaron o noso piso, senón que o mercamos, como todo fillo de veciño, grazas a unha conta vivenda, os nosos aforros e unha hipoteca, unha información doada de comprobar para calquera que tivera o mínimo interese”, explicou.

O secretario xeral do PSdG, entregou, ademáis, o documento das taxas autonómicas que pagaron por transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, unha taxa fiscalizada polo Goberno galego, a Administración competente para actuar se tivese visto algún tipo de desproporción no prezo da vivenda.

Aportou, tamén, o documento da transferencia bancaria de pago da reforma da vivenda. Por último, no referente ao suposto delito contra a ordenación do territorio, dixo descoñecer a actuación concreta que se lle imputa desde o punto de vista penal. “Estamos a falar dun procedemento administrativo urbanístico tramitado polo Concello de Lugo hai xa 10 anos con todos os informes técnicos favorables, nunha actuación sometida ao PXOM de 1991 aprobado polo Partido Popular e cos votos en contra do partido socialista”, explicou.

Besteiro fixo un relato temporal dos feitos investigados, de hai dez anos, e as decisións dos últimos tempos, coincidentes primeiro co seu nomeamento como secretario xeral do PSdeG e despois ao día seguinte de deixar a Deputación de Lugo, cando xa se coñecía a súa candidatura ao Senado, que foi bloqueada polo PP anulando un pleno xa convocado “nunha acción sen precedentes no Parlamento de Galicia”. O socialista convidou a que “cada un saque as súas conclusións sobre os tempos xudiciais e políticos”.

“Teño un único piso a medias coa miña muller. O edificio ten unha antigüidade de máis de 40 anos, e compreino de terceira man. Catorce anos antes, a persoa que mo vendeu pagou 25.000 € por el. No 2005, custounos 138.000 € mercarllo, máis 9.676 de taxas autonómicas. Xa ven vostedes o regalo”, ironizou Besteiro, que explicou por que comprou o piso nese edificio: “Aí viviron e viven os meus sogros desde o ano 1976, cando era unha cooperativa de vivendas de mestres, e foi o piso familiar no que tamén vivía a miña muller antes de casar. No momento en que se puxo á venda os noso fillos eran pequenos e era moi importante para nós ter os avós ao noso carón”, afirmou.

“Como ven, a miña familia acaba de facer un striptease económico e patrimonial acreditado documentalmente con orixinais bancarios e notariais. Todo o que teño é de coñecemento público, e así estivo exposto todos os anos que fun concelleiro e presidente da Deputación. O valor dos bens que posúo é acorde coa miña vida persoal e a miña traxectoria profesional. Non sei se todo o mundo pode dicir o mesmo”, concluíu.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM