'Qué te cuentas?'

En Lugo non terás que pagar por aparcar nin ‘ora’ nin despois

DSC_0616A Policía Local de Lugo coordinou e levou a cabo a primeira hora deste xoves o precintado dos 63 parquímetros do servizo público de regulación de aparcamentos, a ORA, existentes na cidade.

Deste xeito, queda anulada a actividade das máquinas expendedoras de tíckets, unha vez que a Xunta de Goberno aprobou onte a suspensión temporal do servizo ata que se elabore unha ordenanza de estacionamentos actualizada e se adxudique o novo contrato, previsiblemente no primeiro trimestre do 2016-dentro de sete meses-.

As persoas con Tarxeta Cidadá que teñen saldo no monedeiro de servizos para o pago da ORA, poden facer o traspaso ao monedeiro de transportes dende o mesmo caixeiro. As persoas que só usan o monedeiro de servizos, poderán recuperar o saldo, para o que deberán dar de baixa a tarxeta. O Concello está estudando o sistema para realizar a devolución do importe ingresado, igual que no caso das persoas que teñen tarxeta de residente.

También te puede interesar