Comarcas

Campamento en Cesantes, do 3 a 14 de agosto, para nenos maiores de 4 anos

Cesantes repetiu a bandeira azul este ano/Tresyuno Comunicación
Cesantes repetiu a bandeira azul este ano/Tresyuno Comunicación

A Concellaría de Xuventude, de Redondela, pon en marcha o Campamento de praia en Cesantes, entre o 3 e o 14 de agosto, en horario de 5 e media a 7 e media da tarde.

Este campamento está dirixido a nenos maiores de 4 anos que, segundo o concelleiro, Julio Mougán, “disfrutarán con xogos populares, xogos de auga, Olimpiadas e gincanas”. O concelleiro lembra que para esta actividade non fai falta inscribirse previamente no Concello.

También te puede interesar