Galicia

O BNG está a facer xestións para garantir a seguridade e liberdade de Ana Miranda, apresada por Israel no ‘Marianne’

A eurodeputada do Bloque, Ana Miranda
A eurodeputada do Bloque, Ana Miranda

O Bloque Nacionalista Galego está a realizar xestións urxentes co Goberno do Estado, o de Galicia e a Unión Europea, para esixir a “seguridade e posta en liberdade” da eurodeputada nacionalista Ana Miranda e o resto dos activistas internacionales que van a bordo do ‘Marianne’.

O barco sueco, que ía a fronte da ‘Flotilla da Liberdade’, tiña previsto atracar no porto de Gaza, con material humanitario, e rachar o bloqueo israelí da costa de Palestina, cando foi abordado, esta noite, pola armada hebrea.

Miranda e o resto dos tripulantes do ‘Marianne’, viaxan “retidos e incomunicados”, segundo denuncia o BNG nun comunicado, con rumbo ao porto xudeu de Ashdod, onde parece que vaise negar a asistencia consular e que irán a un centro de detención militar.

Para o Bloque, “este asalto en augas internacionais vai en contra dos máis elentais principios do dereito marítimo internacional e é un acto de piratería”.

“Ante esta nova agresión por parte de Israel”, para esta tarde están previstas concentracións, en toda Galicia, de condena desta acción israelí que “procura a impunidade da súa política xenocida nos territorios ocupados”. En Vigo, a mesma será ás 8 da tarde diante do MARCO.

También te puede interesar