Cultura

Concerto da Orquestra ‘Vigo 430’, este sábado no MARCO

Captura de pantalla 2015-04-16 a las 0Este sábado, día 23 de maio, ás 12 e media no MARCO, Dana Zentsov (viola) e o Ensemble Vigo 430, ofrecen un concerto- co seguinte programa: Primeira Parte.- Wolfgang Amadeus Mozart Quinteto en Do maior KV 515.Allegro.Menuetto (Allegretto)Andante Allegro. Segunda Parte.- Claude Debussy Sonata para frauta, viola e arpa. Pastorale. Interlude. Final (Allegro moderato ma risoluto). Evgeni Zemtsov, Melodía en estilo antigo, Franz Waxman, Fantasía sobre “Carmen”- enmarcado no ciclo  ‘430 de 10’, que é a denominación específica coa que a Orquestra Vigo 430 quere celebrar os seus 10 anos sobre os escenarios.

Para tal ocasión decidiuse pór en escena a todas as seccións que hoxe en día conforman o proxecto 430. Os que se acheguen á programación preparada poderán gozar dun total de 5 concertos nos que se poderá ver a destreza musical e calidade acadada pola orquestra ao longo destes 10 anos de traballo.

O traballo da música de cámara é unha das características que permiten valorar mellor a calidade dunha agrupación. A través deste formato poden verse as verdadeiras potencialidades dos músicos de orquestra ao quedar ao descuberto todas as súas habilidades individuais.

A Vigo 430 quere aproveitar este potencial para amosar ao público tamén apartados específicos dedicados á música de cámara, que doutro xeito quedarían fora dos concertos e programas da orquestra sinfónica. Xa nos programas sinfónicos de 2012 se incluíra un apartado de cámara que fora moi ben acollido polo público. Seguindo esa estela retómase esta actividade coa intención de aumentar o abano das posibilidades artísticas dos músicos da Vigo 430.

También te puede interesar