Galicia

A Universidade de Santiago empeza ‘Ensinas máis do que cres’, campaña para fomentar o uso do galego

USCO Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ven de iniciar a campaña ‘Ensinas máis do que cres’ para fomentar o uso da lingua galega na universidade.

O uso do galego na docencia dos graos no curso 2014-2015, segundo os datos que manexa a propia USC, é do 21,52% sobre o cómputo de horas de docencia global (máis de 384.000 horas), mentres que o do castelán foi dun 74%.

En conxunto, segundo sinala a USC, os usos lingüísticos na docencia “non son moi equilibrados”, polo que subliña a institución académica que “dificilmente o alumnado vai aprender competencias lingüísticas profesionais”. “E non se favorece a aparición ou consolidación de actitudes positivas tamén cara ao galego”, segundo explicou a vicerrectora do Servizo Universitario do Campus de Lugo, Carme Silva.

A USC destaca que cando un docente usa o galego o seu alumnado tamén o emprega moito máis. Amparando nun estudio realizado o pasado curso na Universidade de Santiago que demostra que un mesmo grupo de clase usa o galego nos exames ata un 70% máis co profesor que lle imparte as clases nese idioma que co que o fai en castelán, o Servizo de Normalización Lingüística da USC lanza esta campaña ‘Ensinas máis do que cres’.

También te puede interesar