Sucesos

A Policía Local de Porriño desmantela unha estafa de venta on line

Fraude onlineUnha investigación da Policía Local de O Porriño levou á desarticulación dunha armazón de venda fraudulenta de produtos de telefonía e informática a través da Internet, que afectou vítimas de diferentes puntos da xeografía española.

O presunto autor dos feitos facía uso de páxinas web creadas para tal fin, nas que ofertaba produtos con fotografías, prezo e modo de compra, e na que, para dar confianza ao consumidor, aseguraba posuír tendas físicas no concello de Porriño, onde nunca se situou ningún dos establecementos aos que facía referencia.

“A través desta plataforma chegouse a anunciar mesmo un desconto de entre 10 a 20 € nos produtos en caso de acudir aos citados establecementos”,indica a policía.

Web1As páxinas web que servían de reclamo e que xa foron desactivados do servidor son www.chollosdesubasta.es.tl e www.technochollo.es.tl –non confundir coa web http://tecnochollo.es/, website legal-.

Ao respecto, a policía indica que o presunto autor facía uso tamén doutras coñecidas plataformas web de venda de produtos usados como www.segundamano.com e www.milanuncios.com, “ofrecendo prezos anormalmente baixos para captar clientes”.

O ‘modus operandi’ sempre era o mesmo: unha vez posto en contacto coas súas vítimas, remitía vía e-mail unha factura do produto comprado, onde figuraba un número de conta onde realizar o ingreso do importe para poder recibir con posterioridade o pedido, que finalmente nunca era remitido.

As estafas varían dende 300 a máis de 600 € e hai vítimas de Madrid, Andalucía e Cataluña. As dilixencias iniciais foron remitidas ao Xulgado de primeira Instancia e Instrución número 3 de O Porriño.

También te puede interesar