Vigo al minuto

O Concello anuncia o nomeamento interino, durante 6 meses, de traballadores para Benestar

AFAN2O Concello ven de aprobar a contratación de traballadores para o departamento de Benestar, segundo informa a Alcaldía nunha nota oficial. A Xunta de Goberno Local aprobou este mediodía  o “nomeamento interino de 16 traballadores para reforzar o departamento de Políticas de Benestar, de cara a axilizar a tramitación e resolución de, entre outros programas sociais, o Plan de Axudas extraordinarias para Familias, dotado con 2 millóns de euros para pagos de alimentación, enerxía e a vivenda”.

O goberno da cidade acordou o nomeamento de 8 diplomados en traballo social e outros 8 auxiliares de administración xeral, en ambos casos por un periodo de 6 meses.

As protestas do persoal dos Servizos Sociais están sendo constantes dende hai meses, pola falla de recursos humanos e técnicos, ademáis do “incumprimento dos prazos legais de cita previa, atención e resolución de solicitudes, asi como polo deterioro dalgunhas das instalación de atención aos cidadáns”.

Distintos colectivos sociais e ONGs denunciaron que a consecuencia desta falla de recursos, ademáis de afectar ao persoal de Servizos Sociais, fai imposible o trámite de axudas e o retraso, tanto no servizo de citas como na adxudicación das cantidades ás persoas que terían dereito ás devanditas axudas.

También te puede interesar