Galicia

A privatización do Rexistro Civil suporá o pago por certificados de fe de vida, nacementos, vodas ou morte

2015 03 31 RecollidaSinaturasILPRexistroCivilVigo02 (2)O vindeiro 15 de xuño entrará en vigor a Lei 20/2011, de 21 de xullo, do Rexistro Civil pola que o goberno asigna a rexistradores mercantís a tramitación de expedientes e certificados como fes de vida, nacementos, defuncións ou vodas, entre moitos outros. Isto obrigará ás galegas e galegos a trasladarse ás cidades para realizar calquera trámite que, en diante, terán ademais que pagar.

Por iso, distintas asociacións de funcionarios de Xustiza e centrais sindicais, iniciaron unha campaña contra a privatización do Rexistro Civil que chegou xa ás rúas de Vigo para  recollar sinauras que permitan a presentación dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que teñen previsto presentar no Congreso dos Deputados, para a que son necesarios un mínimo de 500.000 apoios.

Con este motivo celebrábase este mércores na Sala de Vodas dos xulgados de Fontiñas, en Compostela, unha asemblea de traballadores do rexistro civil, convocada por todos os sindicatos, na que tratarán as consecuencias que terá a aplicación desta lei e na que acordarán iniciar mobilizacións para sensibilizar á sociedade sobre o que isto vai significar.

Consuelo Rodríguez, do sector de Xustiza da CIG-Administración, alertou de que só cinco cidades en Galicia teñen rexistradores mercantís, “isto vai obrigar a miles de galegos e galegas a desprazarse para facer calquera trámite”, subliñou “o que provocará, sobre todo para as persoas maiores, serias dificultades”.

A modo de exemplo explicou que para acceder a unha pensión hai que solicitar previamente unha fe de vida e “coas dificultades que algunhas destas persoas poden ter de mobilidade ou para desenvolverse vailles ter un custo enorme”.

Xunto a isto Martínez denuncia que se pretenden pasar todos os datos dos que dispón o rexistro civil aos rexistradores mercantís e alerta de que se trata de datos moi sensíbeis para os que, até o de agora, se garantía a súa privacidade. A este respecto subliña que se ben rexistradores ou notarios tamén teñen ese compromiso de confidencialidade, como ‘funcionarios’ que son,non ocorre así coas persoas que estes teñan empregadas e entende que isto obrigará a modificar a Lei de Protección de Datos

Denuncia, ademáis, que nas negociacións que se están levando a cabo entre o Ministerio de Xustiza e o Colexio de Rexistradores Mercantís, estes pretenden que se lles dea dixitalizado todo o rexistro. Subliñan que está todo dixitalizado desde o ano 1950 até agora e que o custo de procesar eses datos ascenderá a 130 millóns de euros, “non é normal que nós paguemos para dixitalizar un sistema para que lles saia a eles todo dándolle só a un botón”.

As aociacións e sindicatos subliñan que entre os datos que se manexan hai desde adopcións até cambios de sexo, pasando por divorcios, cambios de nomes ou vodas, “datos altamente sensíbeis de grande valor económico para empresas de estudos de mercado e demais”.

También te puede interesar