Galicia

Galicia, a comunidade do Estado que menos medrou en 2014, so un 0,5%, a terceira parte que o resto do Estado

O presidente do Goberno de Galicia/Tresyuno Comunicación
O presidente do Goberno de Galicia/Tresyuno Comunicación

Mentres a economía do Estado medrou o ano pasado un 1,4%, segundo os datos difundidos do Instituto Nacional de Estatística (INE), en Galicia o Producto Interior Bruto (PIB), non ascendeu máis que medio punto en 2014-o máis baixo de todas as comunidades-, polo descenso da industria a enerxía e a construción.

Ademáis, o PIB per cápita, de Galicia non superou o pasado ano os  19.954 €, por por debaixo da media estatal, situada en 22.780 €.

Á vista destos datos o vicepresidente do Goberno galego, recoñeceu este sábado que “non é un bo dato”. Alfonso Rueda respondeu, a preguntas dos xornalistas, en Vilagarcía, que “sempre defendemos que a base do crecemento é seguir tendo unhas contas públicas saneadas”, e engadiu “estou seguro de que durante este ano 2015, o traballo e o sacrifico que se fixo en 2014 vai a ter froitos sen ningunha dúbida”.

También te puede interesar