Cervexería artesanal Nós, no Casco Vello, con cervexa de Vigo, feita por vigueses

©Foto Tresyuno Comunicación Faneco, Xulio e Raúl na cervexería Nós no Casco Vello
©Foto Tresyuno Comunicación// Faneco, Xulio e Raúl na cervexería Nós no Casco Vello

Non veñen dos  Budweiser, Foster ou Guinness de toda a vida, e non son de Dublín, Oklahoma ou Baviera, son da Doblada ou Matamá e hai apenas dous anos crearon a Cervexa artesanal Nós, que ten a súa ‘planta de fabricación’ no alto de Puxeiros.

Xulio e Raúl deixaron os seus traballos na automoción e fixeron da súa paixón, facer cervexa, o seu oficio. “Tiñamos craro que queríamos adicarnos a isto e tamén que a nosa cervexa tiña que ser artesanal…todo é natural e feito con productos de distribuidores galegos…nin engadimos gas á cervexa, vai á botella como sae do tanque”, comentan. Tampouco houbo dúbidas no nome, “Nós, porque somos nós os dous…e porque Nós ten que ver con Galicia, coa cultura…coa xeración Nós”.

Nós, que xa se vende en toda Galicia, “en tendas, bares, restaurantes”, tiña que ter unha ‘sede’ aquí, para que os vigueses poidesen quitar a sede disfrutando dunha cervexa propia, “de aquí, exclusiva de Vigo”.

©Foto Tresyuno Comunicación
©Foto Tresyuno Comunicación

E o paso foi o lóxico: abrir unha cervexería, “e si falamos de abrir en Vigo ¿cal é  o lugar máis  vigués…no que está a alma de Vigo…onde te sintes máis de aquí?…o Casco Vello…por iso decidímos por vir para a rúa Palma”.

Na cervexería-na que a Raúl e Xulio somáronse Luna e Faneco- ademáis de Nós, os clientes poderán disfrutar doutras  cervexas artesanais, “suaves, con corpo, con aromas, de cereixa…belgas, escocesas, asturianas, checas” e tapas “xenuinas, cociñadas aquí, con productos galegos, que vaian ben coa cervexa e que sexan distintas…non avanzamos máis…a xente poderá probalas este xoves, dende as 7 da tarde…pero estamos traballando nun ‘perrito gourmet’, cunhas salchichas feitas en Vilagarcía que non teñen nada que envexar ás alemanas e que cadran á perfección coa cervexa…o resto das racións irán polo mesmo camiño: todo galego, orixinais, caseiras e elaboradas…que paraíso temos en Galicia unha boa materia prima”.



 

También te puede interesar