'Qué te cuentas?'

¡Alberto, tes visita!

Pescadores do Cerco/ Foto:https://www.facebook.com/euapoioocercodegalicia
Pescadores do Cerco/ Foto:https://www.facebook.com/euapoioocercodegalicia

O cerco galego xa presentou ante a subdelegación do Goberno de A Coruña a solicitude para concentrarse ante a residencia oficial do presidente do Goberno galego, en Santiago de Compostela -Monte Pío- o vindeiro 14 de marzo ás 11 da mañá. No escrito presentado comunícase que “é intención dos solicitantes reiterar a concentración todos os sábados do ano en curso no mesmo lugar e hora”.

Segundo a Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga), o fin desta concentración é dar a coñecer ao Goberno galego “a grave crise pola que está a atravesar o sector pesqueiro”, entre o que atopa dende a repartición da cota da cabala á situación da pesqueira da sardiña.

Os pescadores salientan que de continuar esta situación, centos de familias galegas que viven da pesca irán ao paro.

También te puede interesar