Galicia

A Xunta aproba convocar 446 prazas de emprego público para Educación e 373 para a Administración Xeral

XuntaO Goberno galego aprobou este xoves a convocatoria de 446 prazas de emprego público para Educación e doutras 373 para a Administración xeral, que suman un total de 819. A oferta de emprego público (OEP) para docencia activarase “en semanas” e quedarían pendentes de convocar as 344 prazas de Sanidade.

Ao termo do Consello da Xunta, o presidente do Goberno galego selientou que as dúas ofertas autorizadas e a de Sanidade sumarían un total de 1.163 prazas.

No que se refire ao ámbito docente, do total de 446 prazas que se incluirán na OEP da Consellería de Educación neste 2015, 432 pertencen ao corpo de mestres e 14 a Inspección Educativa. A oferta docente comprenderá todas as especialidades do corpo de mestres, agás a de francés. Polo tanto, se ofertarán prazas en Educación Infantil (175), Educación Primaria (30), Lingua Estranxeira -inglés- (50), Educación Física (35), Música (37), Pedagoxía Terapéutica (50) e Audición e Linguaxe (55).

A oferta de emprego que atinxe á Administración Xeral prevé 373 prazas en áreas como a de loita contra a fraude fiscal e control do gasto público, o asesoramento xurídico, a informática, os gardacostas, as ensinanzas náuticas e marítimo-pesqueiras, a veterinaria, a subinspección urbanística ou os axentes ambientais.

Das 373 prazas, 265 serán de acceso libre e 108 para promoción interna. Con respecto á reserva para persoas con algún tipo de minusvalidez, o presidente Feijóo destacou a aposta por manter a porcentaxe do 7 % das vacantes, ao que engadiu que, como novidade, por primeira vez haberá unha reserva de prazas específica do 2 % para minusvalidez intelectual.

También te puede interesar