Dende este xoves e ata o 30 de abril, xa se pode solicitar a axuda para pagar a factura eléctrica

ElectricidadeA Consellería de Economía e Industria abre o xoves, 5 de marzo, o prazo para solicitar a axuda para pagar a factura eléctrica, que estará aberto ata o 30 de abril, logo de que a convocatoria fora publicada este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG).

O tique social para a factura eléctrica ve duplicada a súa contía anual e aumenta de 120 a 300 € no caso das familias numerosas: cun ou dous fillos a cargo, o bono pasa de 90 a 180 € anuais. Esta liña é compatible coa Risga, ampliando os potenciais beneficiarios ata os 40.000 fogares e poderanse beneficiar dela as familias galegas con fillos menores de idade a cargo e os ingresos da cal non superen 1,5 veces o Iprem.

O tique galego, sumado ao bono do Goberno central permitirá xerar de modo conxunto aforros “de ata máis do 50% no recibo eléctrico dos beneficiarios”.

A orde de axudas terá unha duración dun ano, e poderase solicitar para as facturas correspondentes ao segundo semestre de 2014, mentres que posteriormente se abrirá un novo prazo para solicitar as axudas correspondentes aos primeiros seis meses de 2015.

A orde simplifica os trámites para presentar as solicitudes, que se poden fai de forma telemática en http://ticketelectrico.es, ademais, os interesados poderán dirixirse ás oficinas de calquera das xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria, así como da Dirección Xeral de Enerxía e Minas e concellos para que lle tramiten a solicitude.

También te puede interesar