Besteiro, “a Xunta terá que explicar porqué trata a Vigo deste xeito” | Vigo al minuto
vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Besteiro, “a Xunta terá que explicar porqué trata a Vigo deste xeito”

Posted by on Mar 4th, 2015 y archivado abajo 'Qué te cuentas?', Video. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, Xosé Ramón Gómez Besteiro, este mércores en Salceda de Caselas/Tresyuno Comunicación

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, Xosé Ramón Gómez Besteiro, este mércores en Salceda de Caselas/Tresyuno Comunicación

O secretario xeral dos socialistas galegos puxo como exemplo do xeito de traballar do PSdG, o Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón, en Salceda, nunha visita ao mesmo, acompañado pola candidata do PSOE á Alcaldía, Verónica Tourón, este mércores.

Xosé Ramón Gómez Besteiro subliñou que “alí onde gobernamos, o emprego é a nosa verdadeira obsesión e a nosa marca como partido”, e engadiu que as políticas públicas proporcionan “mellores resultados” que cando “non se usan todos os resortes” que teñen as administracións

O líder dos socialistas de Galicia, en resposta a preguntas de vigoalminuto sobre o feito de que o Plan de Transporte Metropolitano de Vigo-asinado hoxe– deixe fora do mesmo á cidade, comentou que a posición do goberno de Vigo e do seu alcalde, Abel Caballero, “está xustificada: a Xunta deberá explicar porqué ten este tratamento con Vigo”.

Neste sentido, Caballero afirmou que “Feijóo estivo hoxe en Vigo facéndose unha foto”-en referencia á sinatura do acordo con alcaldes da área da cidade, todos eles do Partido Popular- e dixo que os vigueses poderán usar o transporte metropolitano “sen que Vigo pague nin un euro…o que quere decir que asumir ese gasto é competencia da Xunta”. O alcalde lembrou que o Concello ofreceuse a pagar 260.000 € para este proxecto, “cando a Xunta pedirá 211.000…e, sen explicar os motivos, Feijóo rexeitouno”.

Caballero acusou ao presidente de pretender que Vigo asinase un cheque en branco, “para que Vigo pagase todo o transporte metropolitano…800.000 o 1 millón de euros” e reiterou que a Xunta non aceptou os cartos de Vigo porque non o consentiu o alcalde de A Coruña, “non podía permitirse quedar mal logo de ter asinado un cheque en branco á Xunta e ver que aquí non estábamos dispostos a facelo”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad

Publicidad de V al minuto

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM