Vigo al minuto

Condeado por resistencia e lesións a un axente, un dos opositores á colocación do Bernardo Alfageme en Coia

Protesta en la rotonda de Alcampo (archivo)/Tresyuno Comunicación
Protesta en la rotonda de Alcampo (archivo)/Tresyuno Comunicación

O Xulgado do Penal nº 2 de Vigo resolveu condear a Xurxo R.M.-un dos opositores á colocación do Bernardo Alfageme na rotonda de Alcampo- a dúas penas de 6 meses de cadea como autor dun delito de resistencia e outro de lesións a un axente da Policía Local.

A Asamblea Aberta de Coia, nunha nota enviada aos medios de comunicación amosa a  súa “decepción e rexeitamento” perante esta sentenza e lamenta que para fundamentar dita condena, “a xulgadora valora, única e exclusivamente, a declaración prestada no acto do xuízo polo axente denunciante e os seus compañeiros, considerando ditas testemuñas proba de cargo suficiente, sen entrar a analizar, ne tan sequera mencionar, as múltiples contradicións e ambigüidades vertidas polos axentes no plenario, que foron postas de manifesto pola defensa”.

Asemblea Aberta subliña que a xuíza non fala da falla de concordancia da versión do axente denunciante coas imaxes das gravacións que foron reproducidas na vista, “nin das contradicións presentes no relato da sucesión dos feitos nas declaracións dos axentes”. Ademáis, continúa, tampouco entra a valorar a declaración das catro testemuñas propostas pola defensa, “testemuñas directos dos feitos, que desvirtúan a declaración dos axentes, e que a sentenza nin tan sequera menciona”.

A fundamentación da condena se centra “como argumento único” na presunción de veracidade da declaración dos axentes da autoridade, deducindo de forma xenérica e automática unha “credibilidade e verosimilitude que quedou desmantelada por medio da proba gráfica e testemuñal practicada a instancias da defensa”.

Maila iso, a xuiza rebaixa a petición inicial do Ministerio Fiscal, mudando o delito de atentado -que supón agresión directa ó axente- por un delito de resistencia, argumentado que a suposta conduta de Xurxo foi consecuencia da previa actuación policial, e froito do desaloxo da rotonda, e de escasa gravidade.

“Como non podía ser de outra forma, vaise interpoñer recurso de apelación, aportando, perante a Audiencia, a gravación do acto da vista co fin de por de manifesto a indefensión que provoca unha resolución xudicial que non entra a valorar a totalidade da proba practicada, cinguíndose a dar por boa, sen máis a testemuña dos axentes, polo mero feito de ser policías”, adiantan os representantes da Asemblea de Coia que, tamén, afirman que a cantidade que Xurxo debe pagar ao policía- 1.135 €- en concepto de indemnización, “a  sufragaremos entre tódalas compañeiras da Asemblea Aberta de Coia”.

También te puede interesar