A Deputación abre a solicitude para os Campamentos de Verán na Lanzada | Vigo al minuto
vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A Deputación abre a solicitude para os Campamentos de Verán na Lanzada

Posted by on Mar 2nd, 2015 y archivado abajo Comarcas, Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

VeránA Deputación de Pontevedra organiza durante o ano 2015 campamentos de verán no Centro de Vacacións da Lanzada para os menores dos distintos concellos da provincia. Os campamentos distribuiranse en 11 quendas- con 200 prazas en cada unha e 2.200 en total– que terán lugar nas seguintes datas:

  • Primeira quenda: do 21 ó 27 de xuño
  • Segunda quenda: do 28 de xuño ó 4 de xullo
  • Terceira quenda: do 5 ó 11 de xullo
  • Cuarta quenda: do 12 ó 18 de xullo
  • Quinta quenda: do 19 ó 25 de xullo
  • Sexta quenda: do 26 de xullo ó 1 de agosto
  • Sétima quenda: do 2 ó 8 de agosto
  • Oitava quenda: do 9 ó 15 de agosto
  • Novena quenda: do 16 ó 22 de agosto
  • Décima quenda: do 23 ó 29 de agosto
  • Undécima quenda: do 30 de agosto ó 5 de setembro

A realización da derradeira quenda queda condicionada á data de comezo das clases do próximo curso escolar.

Os campamentos serán nas instalacións do Centro de Vacacións da Lanzada, coas seguintes actividades:  Xogos e deportes,  Actividades na praia,  Actividades ó aire libre, de natureza e sobre o medio natural,  Actividades artísticas, Actividades nocturnas, Teatro e contacontos, Baile e actividades culturais.

Poderán optar a unha praza nos campamentos os rapaces que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra, nacidos entre os anos 2002 e 2007, ambos os dous incluídos.

Os interesados deberán presentar un impreso cuberto no que se indicarán os datos da unidade familiar, é dicir, do pai, nai ou titor, co DNI, teléfono, teléfono móbil, correo electrónico, enderezo e concello ó que pertencen. A continuación indicaranse os datos do neno ou nenos (no caso de irmáns) que queiran ir xuntos ó campamento, por orde de prioridade, da 1ª a 11ª quenda. Se os irmáns queren ir en quendas separadas deberase cubrir unha solicitude por neno.

Ademáis deberán cubrir unha folla de inscrición, na que se deben cubrir os datos do neno, xunto cos seus datos médicos (alerxias, enfermidades e outras, especificando as enfermidades infectocontaxiosas que os responsables do campamento deberán ter en conta á hora de tratar os menores.

Os impresos estarán a disposición dos interesados na Oficina de Información ó Cidadán da Deputación e na web www.depo.es.

As solicitudes e a documentación requirida poden presentarse no Rexistro xeral do organismo provincial: Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado),  Sede de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres), tamén nos rexistros da Administración xeral do Estado, da Xunta.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ó da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e rematará o 1 de abril do 2015.

A través dunha resolución do presidente da Deputación aprobarase a relación de admitidos ó sorteo, ademais dos non admitidos e as causas da súa exclusión, que se publicará na páxina web www.depo.es.

O prezo será de 83,60 € por neno. Neste prezo non se inclúe a excursión obrigatoria para os nenos á Illa de Ons, que se aboará o día da presentación do campamento (no primeiro día da correspondente quenda) e cun importe que está previsto que non supere os 15 €.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM