Buscan en Portugal ás persoas que colocaron a bomba na oficina de Abanca en Guillarei | Vigo al minuto
vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Buscan en Portugal ás persoas que colocaron a bomba na oficina de Abanca en Guillarei

Posted by on Feb 25th, 2015 y archivado abajo Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O delegado do Goberno en Galicia informou este mércores que as dúas persoas sospeitosas de causar a explosión rexistrada na madrugada deste mércores nun caixeiro de Abanca en Forcarei,  fuxiron do lugar nun vehículo con matrícula de Portugal e as forzas de seguridade búscanos no país veciño.

Santiago Villanueva, confirmou que, tras a explosión, se “viu saír” de lugar a dúas persoas, que fuxiron un “vehículo de matrícula portuguesa”, presumiblemente “cara a Portugal”.

A Garda Civil, que leva a investigación, púxose en contacto coas autoridades policiais portuguesas e ambos os dous realizan a busca destes sospeitosos en Portugal.

Segundo “apuntan os datos” tratouse dun “roubo”, xa que, logo de que estoupase o aparello explosivo, os sospeitosos colleron os cartos do caixeiro.

Como informou vigoalminuto, a acción produciuse poco despois das 4 da maña desdte mércores, nunha oficina de Abanca situada no baixo dunha vivenda unifamiliar de Guillarei: malia os danos materiais, non se rexistraron feridos nin houbo que desaloxar ningunha vivenda.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad

Publicidad de V al minuto

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM