O Comité de Povisa advirte de máis despidos, logo de entrevistarse coa directora xeral de Emprego da Xunta | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Comité de Povisa advirte de máis despidos, logo de entrevistarse coa directora xeral de Emprego da Xunta

Posted by on Feb 23rd, 2015 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Membros do Comité de Persoal de Povisa mantiveron este luns unha xuntanza coa subdirectora xeral de Traballo da Xunta, María Cotinho, en Compostela, para coñecer os verdadeiros motivos do Expediente e Regulamento de Emprego (ERE) plantexado polo hospital privado que-ainda que foi retirado pola empresa– segundo os representantes dos traballadores, vai traer despidos.

Os integrantes do Comité cren que detrás da retirada do ERE- segundo a empresa por falta de documentación- hai “algo máis” e iso foi o que preguntaron á directora xeral á que lle comentaron que a retirada do expediente “non vai a impedir que haxa despidos” que, segundo os sindicatos, Povisa xustificará con causas obxectivas ou de organización.

Os representantes dos traballadores non entenden como o hospital pode despedir a alguén logo de que o convenio asinado co Servizo Galego de Saúde (Sergas) “garante a viabilidade do mesmo polo menos 10 anos máis”. Ademáis, os sindicatos salientaron que Povisa incumple parte do devandito convenio que garante a carga de traballo e impide externalizar servizos.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM