Este martes ábrese o prazo para solicitar prazas nas escolas infantís para nenos de entre 3 meses e 3 anos | Vigo al minuto
vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Este martes ábrese o prazo para solicitar prazas nas escolas infantís para nenos de entre 3 meses e 3 anos

Posted by on Feb 23rd, 2015 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Os pais que o desexen poderán solicitar dende este martes unha praza nalgunha das 157 escolas infantís públicas da rede ‘A Galiña Azul’ para as que a Consellería de Traballo abriu o prazo de inscrición, que se prolongará ata o 23 de marzo.

Como informou este luns a directora xeral de Familia e Inclusión, a relación provisional de admitidos e en espera se publicará o 5 de maio e o listado definitivo estará dispoñible o 29 do mesmo mes. Os admitidos terán de prazo entre o 1 e o 10 de xuño para matricularse nas case 9.300 prazas públicas dispoñibles para nenos de entre 3 meses e 3 anos.

Este curso incorpóranse á rede autonómica 409 prazas das novas escolas de Boiro, Cambre, Malpica, Melide, Muros, Oroso, Porto do Son e Salvaterra; así como as 123 prazas dos centros infantís de Narón e Meira, ata agora de xestión municipal.

Para optar a algunha destas prazas, os nenos terán que ter a súa residencia fixada en Galicia e nacido no momento de presentar a solicitude. Ademais, terán que contar con polo menos tres meses no momento do ingreso e non cumprir os tres anos antes do 31 de decembro deste ano. Este último requisito será flexible para os nenos con necesidades educativas especiais.

Entre as novidades, se equiparará a situación laboral das familias monoparentais coa das familias nas que o neno conviva cun só proxenitor. Así mesmo, teranse en conta as variacións económicas na renda da unidade familiar ata o momento da presentación de solicitudes. Ata agora, era necesario manter estas variacións durante un período de catro meses para ser valoradas.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM