As barreiras do paso a nivel de Porriño estiveron levantadas este venres debido a un “fallo puntual” | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

As barreiras do paso a nivel de Porriño estiveron levantadas este venres debido a un “fallo puntual”

Posted by on Feb 21st, 2015 y archivado abajo Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

ADIF detectou un “fallo puntual” nas barreiras do paso a nivel en O Porriño, que quedaron levantadas na tarde do venres, aínda que asegura que a seguridade dos viandantes e vehículos estivo garantida en todo momento.

Foi o mesmo Concello de O Porriño o que deu a alarma a ADIF, despois de que numerosos veciños chamasen para alertar do fallo. Responsables locales afirman que os protocolos de seguridade de Renfe funcionaron en todo momento, mentres que aínda que as barreiras permaneceron subidas o tren circulou a unha velocidade moi reducida que permitía a condutor frear no momento de detectar calquera perigo.

Neste sentido, ADIF trasladou ao Concello que as barreiras son só un elo do protocolo de seguridade, posto que baixan uns 30 segundos antes de que pase o tren, mentres que no caso de fallar o maquinista recibe unha serie de sinais lumínicos para poder frear, ao tempo que se implementar outros sistemas de seguridade que frean e detén o tren.

Cando isto sucede, o tren pode abandonar a estación e atravesar o paso a nivel a unha velocidade inferior aos 10 quilómetros por hora, que permite ao maquinista en todo momento evitar a situación de risco, segundo asegura a compañía ferroviaria

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad

Publicidad de V al minuto

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM