Máis do 34% dos mozos galegos opina que o funcionariado é o sector que mellor garante o futuro | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Máis do 34% dos mozos galegos opina que o funcionariado é o sector que mellor garante o futuro

Posted by on Feb 17th, 2015 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Os mozos galegos son, xunto cos de Castela-León, os máis emprendedores do Estado, aínda que o 33,4% considera que ser funcionario é a mellor opción de futuro.

Así revélao o Informe Young Business Talents sobre as actitudes e tendencias dos novos preuniversitarios, que reflicte que os novos españois son os europeos que máis se formulan ser funcionarios como mellor opción de futuro, cun 32%, por enriba do resto dos países do sur de Europa: os italianos (17%), os gregos (13%) e os portugueses (11%).

No caso de Galicia, o 33,4% dos mozos considera o sector público por conta allea a mellor opción de traballo no futuro, levemente por enriba da media estatal. Non obstante, o 37,9% cre que a opción máis vantaxosa é o traballo por conta propia, o que converte estes mozos nos máis emprendedores do Estado.

Segundo este informe, a opción menos desexada polos novos preuniversitarios galegos é o traballo por conta allea no sector privado, polo que se decantan o 28,7%, fronte á media do 33,4% a nivel estatal.

En canto ao sector económico preferido, o 44,8% decántase por servizos públicos, o 38,6% por servizos privados, o 12,8% por sector industrial e o 3,7% por agricultura e gandaría.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM