Un 7% do orzamento da sanidade pública é para manter centros de saúde e hospitais e un 8,3% para concertos con servizos privados | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Un 7% do orzamento da sanidade pública é para manter centros de saúde e hospitais e un 8,3% para concertos con servizos privados

Posted by on Feb 14th, 2015 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou para o próximo 19 de marzo unha manifestación en contra da “política de recortes, privatizacións e desmantelamento do sistema sanitario público” que está a facer o Goberno Galego.

O voceiro da Plataforma alertou de que na actualidade a Xunta so inviste un 7% de todo o orzamento da sanidade pública ao funcionamento dos centros de saúde e hospitais e máis de un 8,3% a concertos conm servizos privados.

SOS Sanidade Pública advirte de que dende 2009 recortáronse máis de 400 millóns da sanidade pública, reducironse 2.000 postos de traballos de persoal sanitario e pecháronse preto de 300 camas, ao que hai que engadir as 1.05 camas pechadas no verán e que ainda non están todas en funcionamento na actualidade.

Esto é o que levou ao “colapso dos servizos de Urxencias de todos os hospitais públicos de Galicia” ou o “incremento brutal” das listas de espera, hospitalarias e nos centros de Atención Primaria. Deste xeito, a agarda media para operarse en Galicia é de 83 días, “23 máis dos que a propia Xunta recoñece na Lei de dereitos e garantías dos cidadáns” para que unha persoa poida acudir á sanidade privada.

En atención primaria, a media de espera dun paciente pode ser de 7 días. “Nalgúns centros, nalgúns días, superáronse amplamente os 10 ou os 15″. “Iso supón o fin do obxectivo fundamental da Atención Primaria, que é garantir o acceso de todas as persoas que atopen enfermas o servizo público a través da porta de entrada que a rede de Atención Primaria”, engadiu.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM