Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O BNG de As Neves denuncia verquidos ao Uma por falta de mantemento do saneamento por parte do Concello

Posted by on Feb 14th, 2015 y archivado abajo Comarcas, Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Segundo ven de denunciar o voceiro do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de As Neves, a falla de mantemento e control na rede de saneamento ocasionou varios verquidos que están a contaminar o ría Uma entre outros.

Segundo Xosé Rodríguez Méndez, actualmente, o saneamento da parroquia de San Pedro e parte de Santa Olaia de Batalláns remata directamente no río Uma, “a rede de sumidoiros está dereivando os residuos a antiga decantadora que non ten mantemento e filtra todo o que lle chega para as fincas anexas e o río que está a escasos 20 metros”.

A comprobación feita no lugar polo BNG indica que a parte do saneamento San Pedro e da zona de Portela non está conectada á  ‘mini depuradora’ de “Deputrans”,no lugar existen dúas arquetas ou pozos, “a arqueta 1 é a antiga que conecta coa decantadora e so ten esa saída, e a arqueta 2 que ten saída cara a Deputrans e entrada dende Santa Olaia, “tamén ten outra entrada que debería estar conectada coa arqueta 1 para recibir todo o que vai para o río pero o tubo remata debaixo de carretera PO402 sen establecerse a conexión”.

Rodríguez Méndez salienta que “este é o resultado da xestion do Partido Popular en As Neves, que non controla as obras nin fai o mantemento dos servizos provocando contaminación e innumerables multas medioambientais”.

O BNG comprométese a partir de maio, subliña o seu voceiro, de ter a responsabilidade de gobernar, “a revisar concienzudamente a realización das distintas obras e a manter correctamente a rede de saneamento do concello”.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator