Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Amplíase ‘Unha viaxe no tempo’, para poder visitar as Illas Atlánticas este inverno

A Consellería de Medio Ambiente, realizará unha nova convocatoria neste inverno para participar na ruta guiada ‘Unha viaxe no tempo’, dado o éxito da primeira oferta, que esgotou as prazas en tan só 48 horas. Así o adiantou este sábado en Vigo a conselleira, quen saudou esta mañá aos preto de 40 participantes na primeira ruta guiada a Cíes para descubrir o patrimonio natural do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Trátase dunha iniciativa que pon en marcha o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia por segundo ano consecutivo e que ten por obxectivo descubrir o patrimonio natural deste parque natural fóra dos meses estivais, nunha época de menor afluencia, e na que se descobre os seus valores dende outro punto de vista

Ethel Vázquez salientou que se trata dunha actividade de carácter divulgativo que ten como obxectivo principal dar o coñecer os trazos máis característicos das illas que forman o Parque natural; ao tempo que se conciencia da importancia do coidado e a conservación dun enclave natural inigualable, como é o caso das Illas Cíes.

A conselleira indicou que en total organízanse cinco rutas e visitas guiadas gratuítas aos arquipélagos do Parque Nacional Illas Atlánticas, xa que – xunto coa de hoxe- celebrarase outra este mesmo mes á Illa de Sálvora, mentres que en marzo se prevé unha á Illa de Ons e dúas rutas á de Cortegada. Estas visitas fanse con grupos reducidos coa fin de poder ofrecer a máxima calidade de visita a este espazo protexido.

A actividade será gratuíta na illa, pero cada persoa participante debe asumir o desprazamento ata o porto de saída e o transporte ao arquipélago, que deberá ser abonada antes de comezar o servizo.

Os interesados nestas actividades poderán acceder a información destas rutas na web do Parque Nacionalwww.parquenacionalillasatlanticas.com-, no apartado de ‘actividades’, onde poderán consultar as datas e realizar as inscricións.

 

También te puede interesar