Video

Botan aos afectados pola Hepatite C do Parlamento de Galicia

A presidenta do Parlamento de Galicia deu, onte, a orde de desaloxar a uns trinta membros da Plataforma Galega de afectados pola Hepatite C da tribuna da cámara logo de que berrasen contra dos deputados do Partido Popular.

Os berros empezaron cando os populares votaron en contra das proposicións non de lei de AGE e BNG que pedían que se garantise aos enfermos desta doenza que recibisen o tartamento médico con fármacos de última xeración.

A presidencia da Cámara tamén botou a Xosé Manuel Beiras, voceiro de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), logo de dúas chamadas á orde logo de que afirmase, dirixíndose aos deputados do PP, “isto é ser cómplice de asasinato”.

 

También te puede interesar