Vigo al minuto

Sanidade cede e os médicos de Urxencias do Meixoeiro poderían acabar coa folga

Logo de casi dous meses de folga- que non se notou xa que os servizos mínimos impostos polo Servizo Galego de Saúde foron do 100%- os médicos de Urxencias do Meixoeiro decidiron, en votación, acabar co paro.

Os médicos esixían que fosen catro os que estivesen atendendo en urxencias luns e venres, tres o resto dos días e un quinto nos turnos de fin de semana. En principio, Sanidade negouse completamente afirmando- como repetiron dende a conselleira ao presidente Feijóo- que debíase á gripe e que Urxencias melloraría co traslado ao novo hospital, xa que habería unha ‘unificación’ coas do Hospital Xeral…pero o Servizo Galego de Saúde tivo que ceder.

¿Por qué?se cadra porque un representante dos médicos estaba invitado a intervir no Pleno do Concello este mismo luns pero, principalmente, porque estamos a pouco máis de tres meses das Eleccións Municipais, e a situación do caos nas Urxencias- nas do Meixoeiro e nas do Xeral- estaba trascendendo- con vídeos e fotografías nas redes sociais- a todo o Estado, con denuncias de esperas de 17 e 18 horas, pacientes nos corredores e en padiolas fora dos boxes e mesmo fora das áreas de Urxencias.

 

También te puede interesar