Vigo al minuto

Nenos e nenas do CEIP Ría de Vigo coñecen a historia da cidade ‘Lendo coa arte que nos rodea’

Os rapaces, este mércores, en Príncipe

Alumnos e alumnas do CEIP Ría de Vigo, levan a cabo unha curiosa e interesante actividade, ‘Lendo coa arte que nos rodea’ que, este mércores levou a a nenos de 11 e 12 anos deste colexio a percorrer parte da cidade para coñecer a súa historia contada pola súa escultura e a súa arquitectura.

A saída empezou ás 10 da mañá na Praza de España, da man do grupo de  traballo de Vigo da Asociación de Guías de Galicia* e os rapaces, coa súa guía á cabeza, foron coñecendo a historia dos edificios máis coñecidos de Vigo, levantados nos séculos XIX e XX, ademáis dalgunhas das esculturas máis representativas da nosa cidade.

Diante dos 'Redeiros', unha das esculturas máis coñecidas de Vigo, na Gran Vía

‘Lendo coa arte que nos rodea’ é unha iniciativa impulsada polo Centro de Educación Infantil e Primaria Ría de Vigo que ten coma obxectivo que os rapaces saiban que a nosa, ademáis de ser a cidade máis grande de Galicia, e un dos motores económicos do noroeste do Estado, ten una personalidade e unha historia propias, nas pegadas que deixaron os veciños, os canteiros, os arquitectos, os escultores, os pintores, os enxeñeiros, urbanistas, industriais, empresarios ou escritores en todo Vigo ao longo dos séculos.

*Asociación de Guías de Galicia: [email protected]. Ana Martín (610 750 823)  e María Lorenzo (607084257).

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.