Vigo al minuto

Rubén Pérez, candidato de Esquerda Unida á Alcaldía de Vigo

Será así porque foi o único candidato presentado para as primarias abertas de Esquerda Unida en Vigo, unha vez rematado, esta fin de semana, o prazo de recolla de avais. Rubén Pérez  considera que a MAREA está tendo un debate constructivo e plural sobre a formula de concurrir ás eleccións, pero considera que ten que abrirse a espazos de converxencia que se poidan construir fóra da nosa cidade para evitar o “bloqueo sistemático ao municipalismo de esquerda” que pode realizar unha deputación dominada polo PP.

Esquerda Unida “priorizará a proposta programática sobre formulacións de candidatos xa que entende que “o tempo político actual require audacia e responsabilidade” e, dacordo coa súa folla de ruta acordada na asemblea local, remitirá cartas a tódolos colectivos sociais da cidade, asociacións veciñais, asociacións culturais ou deportivas, para “interlocucionar con elas sobre o modelo de converxencia política e programa que precisa unha cidade como Vigo”.

A candidatura de Pérez terá o apoio, o vindeiro luns, día 9, do cantidato de Izquierda Unida á Presidecia do Goberno do Estado, Alberto Garzón, nun acto público en Vigo.

 

También te puede interesar