Galicia

A neve, a chuvia e o xeo dificultan a circulación en varias estradas de Galicia

Segundo a información da Dirección Xeral de Tráfico (DGT), o temporal de neve e chuvia dificulta a circulación, dende primeiras horas deste sábado, en varias estradas da montaña das provincias de Ourense e Lugo– nesta última, as inundacións rexistradas no concello de Begonte causaron un corte na N-VI, o que levou a desviar o tráfico pola A-6-.

Á hora de redactar esta información son necesarias as cadeas para circular pola LU-633, ao seu paso por Pedrafita, estando prohibido o paso a camións e autobuses. Na autovía A-6, tras o paso das máquinas quitaneves, circúlase con normalidade, pero Tráfico pide precaución ante a presenza de neve ou sarabiadas.

Tamén avisa a DGT de que está a nevar na zona dos portos de montaña de Padornelo e A Canda, na autovía A-52 ao seu paso pola provincia de Ourense, que afecta ao tramo entre os quilómetros 113 e 90.

 

También te puede interesar