vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Empeza a mellora das prazas da Princesa e de Argüelles, no Casco Vello

Posted by on Ene 26th, 2015 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

As obras na Praza da Princesa, este luns/Tresyuno Comunicación

260.000 €, ese é o orzamento para a reforma das prazas da Princesa e de Argüelles, no Casco Vello. As obras afectan tanto ás céntricas prazas como aos locais comerciais de titularidade municipal do entorno da Porta do Sol. A execución deste proxecto realízase para completar as reformas realizadas nos últimos anos na zona histórica da cidade e para integrar as fachadas no conxunto da Porta do Sol, de xeito que todos os elementos asociados ás fachadas –rótulos, imaxes publicitarias, marquesiñas- se axusnten ás condicións reguladas nas ordenanzas do Plan especial do casco histórico.

Na Praza da Princesa conlevarán o levantamento e reposición das losas que se atopen deterioradas, a limpeza e reparación das canalizacións, a execución dunha nova canalización de telecomunciacións e realizar as acometidas domiciliarias necesarias para o soterramento das líneas aéreas existencias, a reparación da fonte, unhas novas estruturas dos alcorques para as árbores, a substitución dos bancos por uns dobles, o reforzo da iluminación e a retirada do cableado presente nas fachadas.

Polo que se refire á Praza de Argüelles, a mellora abrangue o levantamento das losas de pedra que se atopen deterioradas, a rehabilitación de escaleiras e muros, a retirada de cableado existente en fachada e a reparación de barandillas.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM