vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Denuncian o intento de privatización dunha unidade do Servizo de Cardioloxía do Meixoeiro

Posted by on Ene 26th, 2015 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Representantes dos traballadores sanitarios de Vigo denunciaron este luns un “novo ataque privatizador” do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) no Hospital Meixoeiro a través dun intento de implantación dunha Unidade de Xestión Clínica (UGC) no Servizo de Cardioloxía e Hemodinámica.

En decembro de 2013 “todos os profesionais do Sergas dixeron non a esta nova fórmula de xestión” que, denuncian, “abre a porta á privatización mediante a creación de microempresas con nomeamentos a dedo e con adxudicación de orzamentos onde priman os criterios de economía”.

Ademais, alertan de que as unidades de xestión “fará responsables dos recortes aos profesionais, quen tamén poderán ver variar as súas condicións laborais ou sufrir a perda de “a súa condición de persoal estatutario”, entre outras posibilidades.

Os profesionais avidan de que este proceso, así mesmo, pode repercutir en que pacientes crónicos terminen “expulsados do sistema, dado que non son rendibles”; e nunha posible fragmentación dos centros sanitarios, “que se descapitalizarán, pero sempre na procura dun único interese: o beneficio económico”.

Os traballadores advirten que non bastaba con privatizar os servizos non sanitarios de cociña, lavandaría ou mantemento, e anuncian que estudiarán novas mobilizacións para denunciar publicamente esta situación.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM