Vigo al minuto

Coa integración do laboratorio único no Meixoeiro, este venres, confírmase que o novo hospital carecerá do mesmo

Novo hospital/Tresyuno Comunicación

Os servizos de análises clínicas dos hospitais Xeral e Meixoeiro de Vigo integraranse orgánica e funcionalmente desde este venres nun único laboratorio central situado no Hospital Meixoeiro, que será dirixido pola actual xefa do servizo no Xeral, a doutora Amalia Andrade Olivié.

Segundo informou o Sergas, con esta unificación dáse “un paso máis” no proceso de integración en estruturas únicas dos servizos hospitalarios da EOXI de Vigo, para a súa plena operatividad de face á apertura do novo hospital da cidade, que cando se abra acollerá un laboratorio de urxencias.

A unificación faise en contra da opinión de ducias de médicos que expresaron o seu convencimento de que esta decisión vai afectar directamente á saúde dos pacientes, ao demorarse os resultados das mostras, que mesmo poden deteriorarse. “Nin se consultou, nin se preguntou aos profesionais sobre esta cuestión, nin tampouco hai intención de diálogo da Consellaría ou da Xerencia, e nin sequera un plan funcional real”, aseguran.

Ademáis, esta decisión deixa xa ao novo hospital de Vigo sin laboratorio central de xeito que, ao seu xuizo, a área sanitaria de Vigo sufre unha nova  discriminación, porque no resto dos grandes hospitais do país teñen un laboratorio central, pero no de Vigo só haberá un de urxencia. “Isto supón un perigo para a saúde dos doentes e incluso pode incrementar a mortalidade e morbilidade, porque os doentes críticos precisan de resposta rápida”, subliñou.

Neste senso, o persoal sanitario advirte das “condicións lamentábeis” nas que se atopa o laboratorio do Meixoeiro, ao tempo que apunta ao “negocio que suporá o servizo de transporte das mostras, que previsibelmente recaia sobre algunha das empresas asociadas ao proxecto do novo hospital ou algunha das encargadas da súa construción”.

 

También te puede interesar