Vigo al minuto

O laboratorio central dos hospitais de Vigo, dende este venres, no Meixoeiro

Os servizos de análises clínicas dos hospitais Xeral e Meixoeiro de Vigo integraranse orgánica e funcionalmente dende este venres nun único laboratorio central situado no Meixoeiro, que será dirixido polo actual xefe do servizo no Xeral, a doutora Amalia Andrade Olivié.

Segundo un comunicado do Servizo Galego de Saúde (Sergas), con esta unificación dáse “un paso máis no proceso de integración en estruturas únicas dos servizos hospitalarios da EOXI de Vigo, para a súa plena operatividad de cara á apertura do novo hospital da cidade, que cando se abra acollerá un laboratorio de urxencias”.

Segundo o Sergas, o obxectivo conseguir “unha maior coordinación dos recursos e un incremento da eficiencia do sistema” o que repercutirá, “na “mellora asistencial e homoxeneización de procesos co fin último de aumentar a calidade da atención ofertada aos pacientes”.

Ademais, engade, repercutirá en “melloras importantes para os profesionais”, ao centralizar os recursos baixo unha dirección única, ao dispoñer de equipos humanos “mellor dimensionados” e coordinados, ao ter sesións clínicas conxuntas e ao homoxeneizar criterios clínicos.

Segundo comunicou o Sergas, este servizo desenvolverá a súa actividade nun laboratorio central cunha superficie de uns 2.500 metros localizado no Hospital Meixoeiro, ao que se sumará un laboratorio de urxencias de 400 metros que se situará no novo hospital.

Os laboratorios de análises clínicas do Chuvi atenden actualmente preto de 3.500 peticións diarias -programadas e urxentes-, o que supón procesar máis de 11 millóns de analíticas ao ano. Tras a integración, o servizo contará cun equipo de 27 facultativos especialistas, 65 técnicos de laboratorio, 7 profesionais de enfermaría e 11 administrativos.

 

También te puede interesar