Comarcas

Persoal sanitario da Área Viguesa nega que o colapso de Urxencias sexa pola gripe, “é polos recortes”

A xunta de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) concentrouse este martes para volver denunciar os colapsos nas urxencias dos hospitais da área viguesa que, siñaron os seus responsables, “débese a unha ineficiente”.

Diante da entrada a Urxencias do Meixoeiro, os membros da xunta de persoal desmentiron que, como dixo o presidente Feijóo, esta situación débase á gripe, “esto é pola falla de previsión e , sobre todo, polos recortes da Consellería e, especialmente da Xerencia de Vigo que o único que quere é aforrar, sin importarlle nada máis”.

A xuizo dos traballadores, “hai falla de médicos e, aínda máis, de enfermeiras…ademáis hai falla de espazo nos hospitais e os doentes se amorean nos corredores”.

Os traballadores esixiron á Xunta e a Xerencia da Área Sanitaria de Vigo a que reforcé o persoal para atender aos pacientes que se atopan nos corredores, porque “iso dá unha total inseguridade e atenta contra a seguridade a confidencialidade e a intimidade dos pacientes, e contra os profesionais, sometidos a un continuo estrés”.

Os profesionais seguirán coas mobilizacións- o xoves serán no Hospital Xeral ao mediodía- en tanto os responsables do Servzo Galego de Saúde (Sergas), non solucionen esta situación e “atendan ás  necesidades dos enfermos”.

 

También te puede interesar