Vigo al minuto

O personal de Povisa denuncia que presente un ERE logo de asinar un convenio coa Xunta por 70 millones anuais

A presidenta do comité de persoal de Povisa criticou este luns que o anuncio do Expediente de Regulamento de Emprego (ERE) no centro clínico chegue catro meses despois de que asinasen un concerto co Servizo Galego de Saúde (Sergas) “que, teoricamente garantía a estabilidade económica e laboral” e que se produza cando a empresa vén de obter 11 millóns de euros de beneficios e aínda está pendente de ingresar 19 millóns máis polo incremento de actividade entre os anos 2005 e 2008.

“E isto a pesar de que o centro tivo redución de pacientes, pois segundo nos confirmaron, sen aportar datos, a mediados de decembro solicitaran o cambio de hospital un total de 4500 persoas”, comentou María Xesús Neira. Segundo manifestou, detrás destes abandonos agóchase o feito de que a xente está a percibir a precariedade coa que os traballadores do centro teñen que desenvolver o seu labor.

Diante disto, adiantou que a CIG oporase ao ERE á modificación das condicións e fará todo o posíbel porque finalmente non se cheguen a aplicar “xa que consideramos que o ERE é unha chantaxe coa que pretenden cargarse o actual convenio colectivo para que os novos traballadores entren en peores condicións”.

Finalmente, dirixiuse ao presidente da Xunta para lembrarlle que é o responsábel de velar pola correcta utilización dos cartos públicos, en resposta ás delaracións de Feijóo nas que eludía calquera responsabilidade sobre o xeito que ten a dirección de Povisa de xestionar o centro médico.

Hai que lembrar que Povisa- que ingresará máis de 70 millóns de euros anuais da Xunta- ten o concerto coa sanidade privada máis caro de todo o Estado e que no convenio renovado coa Xunta, hai 4 meses, se aseguraba que o mesmo garantía a estabilidade laboral durante, a lo menos 10 anos.

Povisa ainda non fixo público nin o total de empregos que suprimirá, nin os departamentos que estarán afectados por este ERE, únicamente citou aos sindicatos a unha xuntanza prevista para este xoves, adiantando que a presentación do ERE é xa irrevogábel.

 

También te puede interesar