Video Vigo al minuto

Dende este martes queda cortado o tráfico en López Mora, entre Praza de América e González Sierra

O alcalde e a primeira tenente de alcalde, no inicio das obras, este luns/Tresyuno Comunicación

Este luns deron comenzó as obras de humanización dun novo treito da Avenida das Camelias, entre as prazas de América e da Independencia, terceira fase que conta cun orzamento próximo aos 1,9 millóns de euros e un prazo de execución estimado en 4 meses.

O proxecto contempla beirarrúas de granito gris e vermello e a renovación de case 2.500 metros lineais de novas canalizacións soterradas, de abastecemento, saneamento e rego. O Concello instalará 14 novos puntos de luz -tanto nas beirarrúas como na mediana- e 49 luminarias LED, cambiará a sinalización semafórica e sumará 15 papeleiras, 8 bancos e un total de 108 árbores máis -27 cedros limón e 81 camelios-.

Por mor das devanditas obras, dende este martes, día 20 de xaneiro, ás 10 da mañá, e durante un mes, estará pechada ao tráfico a rúa López Mora, entre a Praza de América e González Sierra. Os desvíos establecidos polo Concello son: para acceso a Camelias dende Praza de América por López Mora, establécense polo interior do túnel de praza América para o tráfico procedente de Castelao e Florida.

Recoméndase o desvío de tráfico afectado de Florida cara a Castelao por Martín Echegaray.

Para o tráfico afectado procedente de Castrelos recoméndase o desvío por Arquitecto Palacios, Baixada ao Castaño, Tarragona, Pintor Colmeiro, Alvaro Cunqueiro.

Habilítase un carril da Gran Vía para que, exclusivamente, os Vitrasas e autobuses poidan acceder a González Sierra cara a López Mora_Camelias. Establécese, mentres dure o peche, sentido único en González Sierra, cara a López Mora e Camelias.

 

También te puede interesar