Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Fiscal pide 15 anos de prisión para o ladrón do Códice Calixtino e a Igrexa o dobre

Posted by on Ene 18th, 2015 y archivado abajo Comarcas, Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

José Manuel Fernández Castiñeiras, ex electricista da Catedral de Santiago, se sentará este luns no banco dos acusados para ser xulgado polo roubo do Códice Calixtino, proceso que se abre tres anos e medio despois da desaparición do manuscrito.

O xuizo acabará co silencio de Fernández Castiñeiras que, dende  xullo de 2012, cando confesou ter collido co Códice, non non fixo declaración algunha sobre o roubo, cometido no verán de 2011.

Castiñeiras, que durante máis de 20 anos foi electricista da catedral, fixo copias das chaves de moitas das dependencias da mesmas coas que tamán levou cartos e outros obxectos de valor da basílica.

O Fiscal acusa a José Manuel Fernández Castiñeiras de ser autor dun delito continuado de roubo con forza, un delito contra a intimidade, outro delito de roubo con forza e un delito de branqueo de capitais polos que pide que sexa condenado a 15 anos de prisión e multa de 300.000 €.

Para os outros dous acusados- a súa muller e o seu fillo- solicita un ano e medio de prisión e multa de 300.000 € como autores dun delito de branqueo de capitais ou, alternativamente, seis meses de prisión se se lles considera culpables dun delito de receptación. En canto á responsabilidade civil, a Fiscalía pide que Fernández Castiñeiras indemnice á Catedral de Santiago en máis de 2 millóns de euros.

A acusación particular, exercida pola Catedral de Santiago, solicita para Castiñeiras penas que suman 31 anos de prisión por un delito de roubo continuado con forza, outro de roubo con forza por levarse o Códice, seis delitos contra a intimidade e outro de branqueo. No seu escrito, a acusación pide 7 anos de prisión para Manuel Fernández Castiñeiras por un delito continuado de roubo con forza pola subtracción de documentación e outros efectos da basílica compostelana. Ademais, solicita 5 anos de cárcere polo roubo con forza do Códice Calixtino; e 2 por cada un dos seis delitos contra a intimidade polo apoderamento de cartas e documentos privados de media ducia de persoas da Catedral.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM