Vigo al minuto

Feijóo di agora que o caos de Urxencias en Vigo é por un déficit asistencial que solucionará o novo hospital

Uns pacientes nun corredor sufrindo as "deficiencias asistenciais" da Sanidade pública en Vigo

O presidente do Goberno galego comentou este venres que “o mellor” que se pode facer para resolver os problemas “puntuais” nas Urxencias de Vigo é “abrir o novo hospital”. Feijóo subliñou que sabe que en Vigo “temos un déficit asistencial, por iso estamos facendo o hospital público que solucionará moitos dos problemas que temos en Vigo…non neste inverno, senon dende hai máis de 15 anos”.

Sobre o feito de que os médicos de Urxencias do Meixoeiro, en folga dende o 16 de desembro, presentasen unha denuncia ao Valedor do Povo sobre a falla de persoal– que afirman “repercute nos doentes”- Feijóo admitiu que “hai un conflicto pero a Xunta cumpre coa súa obriga de dar unha atención urxente e de calidade: os profesionais do Servizo Galego de Saúde cumpren co seu labor”.

 

También te puede interesar