Vigo al minuto

A oposición ao barco de Coia esixe máis cartos para as “familias que o pasan mal en Vigo”

Os manifestantes colocan barcos de papel no valado da rotonda de Alcampo ao final da manifestación/Tresyuno Comunicación

Unhas mil persoas- 3.000 segundo os organizadores e 450 dacordo coa información da Policía Local- manifestáronse este venres pola tarde en Coia para amosar, de novo, a súa oposición a colocación do ‘Bernardo Alfageme’ na Avenida Castelao, e esixir ao goberno local que os cartos previstos para este proxecto- 100.000 € según datos da Alcaldía- se adiquen a gastos sociais.

Detrás de dúas pancartas cos lemas ‘Xustiza social. Nin cartos na rotonda, nin Estado Policial’ e  ‘Os cartos para as persoas’, a marcha saiu pasadas as 8 da tarde da Praza de América e seguiú, sen incidentes, por Castelao ata chegar á rotonda de Alcampo, onde se instalará o buque.

Ao final da manifestación, e logo de colocar centos de barcos de papel no valado que rodea a rotonda, os participantes escoitaron un manifesto no que subliñou o obxectivo da oposición ao ‘Bernardo Alfageme’ non é outro que demandar maís  recursos ás familias que o pasan mal en Vigo.

“O alcalde e os seus concelleiros falan de agresións, vandalismo e minoría marxinal para non ter que falar e afrontar o colapso do departamento de Benestar Social, dos meses de espera, das protestas das propias traballadoras sociais, da falla de orzamentos, das denegacións inxustificadas das axudas de emerxencia, da miseria e precariedade da cidadanía”, decía o manifestó.

Na manifestación de hoxe, en contra do que aconteceu na do pasado día 12 de decembro, a Policía Local sí deu os seus datos sobre a participación: 450 persoas, unha cifra seis veces menor que a que sinalaban os congregados.

 

También te puede interesar