Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Defensa da Sanidade pública denuncia a relación do ‘comité de expertos’ da Hepatite C cos laboratorios farmaceúticos

Posted by on Ene 14th, 2015 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A Asociación para a Defensa da Sanidade Pública afirma que o comité de expertos para a hepatite C designado por Sanidade está “enchido de conflitos de interese”, supostamente cos laboratorios farmacéuticos que teñen as patentes dos fármacos para tratar estes pacientes, e, polo tanto, cuestiona a súa independencia.

Por iso, piden “a revogación dun comité enchido de conflitos de intereses, que chocan frontalmente contra a responsabilidade que supón a elaboración dun plan estratéxico para a hepatite C”. Así mesmo, acusan o ministro de Sanidade, Alfonso Alonso, como o primeiro responsable na elección dun comité de expertos “estreitamente relacionado coa industria farmacéutica e con tantos conflitos de interese”.

“Unha vez máis esta claro que se priorizar os intereses económicos da industria farmacéutica por diante do dereito á saúde da cidadanía”, afirman, tras recordar que a crise da hepatite C “serviu para confirmar o enorme poder da industria farmacéutica en España e de como o Ministerio de Sanidad se esta pregando aos seus intereses pospoñendo a eles o dereito á saúde”.

Entenden que “proba diso é o nomeamento por parte do Ministerio de Sanidad de Joan Rodés, un dos médico españois máis fortemente relacionados coas multinacionais farmacéuticas e con Farmaindustria e un dos impulsores da privatización do en otrora admirado Hospital Clinic, actualmente coñecido polos seus recortes de actividade e as súas derivacións á sanidade privada (CVC-Capio)”.

En canto ao resto de membros, destacan a relación de xefe de servizo de gastroenteroloxía do Hospital Ramón y Cajal o doutor Agustín Albillos, con Roche e Gilead, pola súa colaboración como docente; do catedrático de farmacoloxía da Universidade Complutense de Madrid, o doutor Alfonso Moreno, destacan que é patrón da fundación Pfizer.

Respecto ao xefe de servizo de dixestivo do hospital de Valdecilla, Javier Crespo, destaca a súa participación en cursos sobre hepatite financiados por Gilead. Ademais, destacan que, aparte de participa en varios ensaios clínicos financiados por Gilead e outras compañías farmacéuticas, é vicepresidente da Asociación Española para o estudio do Fígado (AEEH) que conta co apoio de distintos laboratorios.

Por outro lado, informan que o xefe de servizo de Medicina Interna do Hospital Vall d ‘Hebron de Barcelona, e Membro do CIBER, María Buti, coordinou as xornadas sobre o tratamento da hepatite, realizadas en Barcelona e patrocinadas por Gilead; e, finalmente, destacan que Antonio Andreu, tamén do Vall d ‘Hebrón, e director do Instituto de Saúde Carlos III, participou na aprobación dun programa de investigación sobre VIH e Hepatite C patrocinado por Gilead.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM