Cultura Vigo al minuto

Cans abre o prazo de recepción de curtas para a XII edición que empeza o 20 de maio

Dende este martes, día 13 de xanairo, e ata venres 6 de marzo, está aberto o prazo de recepción de curtametraxes e videoclips para a décimo segunda edición do Festival de Cans, que celebrará do 20 ao 23 de maio. Nesta 12ª edición se entregarán 12 premios: nove para curtametraxes, dous para videoclips e un honorífico, o Pedigree. Serán en total 5.200 €, ademais dos Cans de Pedra.

Os premios e categorías son as seguintes:

a)    Premio do xurado á Mellor Curtametraxe: 1.500 euros e Can de Pedra.

b)    Premio do público a Mellor Curtametraxe:1.000 euros e Can de Pedra

c)    Premio do xurado a Mellor Curta de animación: 1.500 euros e Can de Pedra. (2)

d)    Premio do xurado ao Mellor Guión: 300 euros e Can de Pedra

e)    Premio do xurado á Mellor Realización: 300 euros e Can de Pedra

f)    Premio do xurado ao Mellor Videoclip: 300 euros e Can de Pedra

g)    Premio do público ao Mellor Videoclip: 300 euros e Can de Pedra

h)    Premio do xurado dos veciños á Mellor Curta: Can de Pedra

i)    Premio do xurado ao  Mellor Actor: Can de Pedra

j)    Premio do xurado á Mellor  Actriz: Can de Pedra

k)    Premio do xurado a Mellor Banda Sonora Orixinal: Can de Pedra

As curtametraxes deben estar dirixidas por directore galeg@s e non durar máis de 30 minutos. Os clips deben ser de músicos galegos e estar dirixidos por directores galeg@s. Unhas e outros teñen que estar producidas nos anos 2013, 2014 ou 2015.

Nesta edición, o festival quere fomentar a estrea de curtas no festival, polo que “valoraremos especialmente a presentación de curtametraxes aínda non estreadas en Galicia nin en internet”. Ademáis de curtas ficción e de animación, o festival acepta outros formatos (documentais, webseries…) para outras seccións fóra de concurso e, de feito, segundo os organizadores “non descartamos abrir novas categorías en función do material recibido”.

 

También te puede interesar