Video Vigo al minuto

Veciños de Pizarro denuncian que numerosos coches aparcan nun solar pasando por riba da beirarrua

Os coches, aparcados este luns, logo de subir pola beirarrúa

Veciños de Pizarro veñen de denunciar que “dende hai meses”, hai un número “cada vez maior” de coches que aparcan nun solar, preto do cruzamento con Vázquez Varela, que non ten os permisos para facer de aparcadoiro, nin accesos e ao cal os coches entran circulando pola beirarrua.

Os veciños advirten que, ademáis do “perigo evidente para os peóns”, os vehículos, “algún deles camionetas e furgons”, non usan as zonas reservadas para carga e descarga, outros, “particulares” xa aparcan directamente alí, “sen pagar a ORA como os demáis” e, enriba “están circulando con todo ese peso por riba dunha beirarrúa nova, inaugurada cando Pizarro foi humanizada”.

Segundo varios comerciantes, “mentres os nosos clientes teñen que dar voltas buscando aparcamento, aquí o estacionamento é libre, sen cargos e, ademáis, deteriorando a rúa e facendo que as persoas que van camiñando teñan que agardar ou sortear os coches que van pola beirarrúa, sen que a Policía Local faga nada ou impoña sanción algunha”.

También te puede interesar