Vigo al minuto

Príncipe terá bancos para sentarse, de novo

Príncipe en verano

A nova foi adiantada este luns polo mesmo alcalde quen, ademáis de comentar que o Concello tomou hoxe a decisión de manter o verde instalado no centro da cidade para as festas de Nadal, na  da Porta do Sol, na que uns olivos ocuparán o lugar dos abetos, no MARCO, onde tamén seguirán as esferas que están na entrada- ainda cos adornos de Nadal- e na Farola de Urzáiz.

Os bancos, que moitas persoas demandan dende hai anos, e que faltan na principal rúa peonil de Vigo dende hai anos, non teñen aínda deseño, pero o goberno local decidirá nuns días cómo serán e en que parte estarán, acabando así co feito de que “o principal centro de compras e de paseo de Vigo” carecese de lugares para santarse.

Ademáis, parte do alumeado de Nadal, entre Isaac Peral e a Porta do Sol, seguirá sen retirarse, como os ‘paraugas’ de luz no Casco Vello e na Farola de Urzaíz, e aproveitarase para o Entroido que, este ano, celébrase os primeiros días de febreiro.

 

También te puede interesar