vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Morris e Pedro Alonso empezan en Teis os ensaios de ‘O Crédito’

Posted by on Ene 8th, 2015 y archivado abajo 'Qué te cuentas?', Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Antonio Durán ‘Morris’ e Pedro Alonso empezan estes días en Teis os ensaios da última montaxe teatral de Eme2 e Tanttaka, a comedia teatral ‘O Crédito’, que leva máis dun ano obtendo éxitos en Madrid e Barcelona, e que se estrearán, en Pontevedra o 5 de febreiro, tras o que percorrerá os teatros das principais localidades galegas.

O argumento da obra formula unha oficina bancaria e dous homes: o director da entidade (Antonio Durán ‘Morris’) e un cliente (Pedro Alonso). “O último pide un crédito porque o necesita. E o primeiro non llo dá porque non pode dalo. Ao cliente non parecen quedarlle moitas opcións, pero garda un ás na manga e non dubida en empregalo”, avanzan os promotores.

Segundo a prensa especializada, trátase dunha “orixinal comedia sobre como conseguir un empréstito cando os bancos pechan a billa aos particulares e pon “o enxeño ao servizo dos malos tempos”.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM