Vigo al minuto

No primeiro semestre estarán asfaltadas a meirande parte das rúas do rural de Vigo

O Concello pon en marcha durante o primeiro semestre deste 2015 un Plan de Asfaltados no que se investirán 5 millóns de euros. 900.000 € serán para actuacións no centro, mentres que 4,1 millóns investirase no conxunto das parroquias de Vigo-

Unha parte destes traballos correrá a cargo de persoal do taller do Concello -o equivalente a 2 millóns de euros-, mentres que o resto será contratado. O obxectivo deste plan, que chegará ata Buenos Aires, Antón Beiras, Alvaro Cunqueiro, Baixada a Pontillón, Puerto Rico, Padre Feijóo, Martínez Garrido, Cañiza, Manolo Martínez, José Mato, Luis Seoane, San Xoán de Deus, Lepanto, México, Progreso e República Argentina. Respecto das parroquias, os traballos a realizar serán os seguintes: Sárdoma (Freixo, Miraflores, Marco); Castrelos (Camiño Telleira); Beade (Camiño Casmarcelo, Brea e Outeiro); Valladares (Pinguela e Gándara); Salgueira (Carballo e Coutadas); Candeán (Monte Pequeno e Devesa); Cabral (Fontiñas, Bosque e Ameal); Lavadores (Barreiro, Brea, Pepe Castro); Teis (Paraixal e Doña Fermina); Alcabre (Millareira); Coruxo (Viño e Monte do Gato); Oia (Pedreira), Sampaio (Pardavila, Areeiro, Roteas de Abaixo); San Xoán do Monte (Redomeira); Navia (Bravo); Matamá (Roupeiro e Balsa); Comesaña (Cañiza e Matamá) e Bembrive (Areeiro), é manter os viais e reparar zonas que levan anos en mal estado.

 

También te puede interesar