Galicia

Unións Agrarias, este mércores no Parlamento Europeo para denunciar a situación do lácteo galego

Unións Agrarias denunciará este mércores no Parlamento Europeo a situación en que se atopa o sector lácteo galego “pola falta de iniciativa política das autoridades españolas”. Así o subliña o sindicato nun comunicado no que critica que, “ante o reto inmediato do mercado sen cotas lácteas, non rematan de instrumentalizar medidas que equilibren a cadea de produción do leite”.

Ata Bruxelas se desprazará o secretario xeral comarcal de Deza e Tabeirós, Román Santalla, convocado polo grupo da eurocámara de la Alianza Progresistas de Socialistas e Demócratas (APSD), para participar no Comité de Expertos que prepara unha resolución sobre a crise de prezos no sector e a posta en marcha de iniciativas que estabilicen a produción.

Unións incidirá de que existan mecanismos de control público “que impidan os abusos do mercado sobre a base produtora”, ademáis, exporá aos parlamentarios europeos a “necesidade dunha reforma intensa do paquete lácteo porque senon, o sector da gandaría de leite en Galicia está morto”. Segundo Unións Agrarias, para evitalo “é imprescindible potenciar novos mecanismos de xestión que equilibren a negociación contractual que a día de hoxe, en contra do que a Xunta cree, non pasa de ser unha mera imposición de industria e distribución”.

 

También te puede interesar